«O traballo que se fai antes de asinar un contrato é fundamental para nós»

Joel Gómez SANTIAGO / LA VOZ

BARBANZA

XOAN A. SOLER

El responsable dice que se está recuperando el empleo para personas con discapacidad

28 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Asociaciones promovidas por familias de personas con discapacidad intelectual constituyeron en 1979 la federación ahora conocida como Fademga Plena Inclusión, que incorpora a 40 entidades. Hasta el año 2000 no contaron con un área de empleo y formación «porque tiñan outras prioridades. A experiencia no ámbito laboral resulta satisfactoria. No 2000 só se fixeron 31 entrevistas de orientación e non se formalizou ningún contrato. E no 2016 foron case 7.000 entrevistas de orientación, e 122 persoas contratadas do noso colectivo. O ano con máis inserción foi o 2008, con 167; despois, pola crise, baixou, e notamos unha recuperación de novo no 2014. En todos estes anos foron 1.291 contratacións», explica Manel Fernández, coordinador de este área.

Colaboran con el Servizo Público de Emprego y «temos unha bolsa de case 1.900 persoas demandantes. Hai quen descoñece que todas as discapacidades intelectuais son psíquicas; aínda que non todas as psíquicas sexan intelectuais, pois hai doenzas mentais ou persoas con algunha síndrome de autismo que non se valoran como discapacidade intelectual», agrega.

Preparan al colectivo para optar a un empleo público o privado. La casi totalidad de las plazas fueron en empresas privadas. Ahí se benefician de cuatro posibilidades: «Contratación directa; emprego con apoio segundo a metodoloxía de Plena Inclusión, ou segundo o que define un real decreto do ano 2007; e en centros especiais de emprego para persoas con discapacidade. Para nós ten especial importancia o emprego con apoio segundo a nosa propia metodoloxía, pois as condicións do decreto do 2007 son moi ríxidas, non están pensadas para o noso colectivo», sostiene Manel Fernández.

«O traballo que se fai antes de asinar un contrato é fundamental para nós, e non o contempla ese real decreto», matiza. Consiste en «facer prospeccións en empresas, para procurar postos de traballo e compromisos de contratación para persoas do noso servizo de emprego. Cando temos unha oferta, seleccionamos ás persoas mellor cualificadas e favorecemos a súa formación. Facemos a proposta, e a empresa decide. Procuramos responder con axilidade, que nun máximo de 3 semanas se formalice a contratación. En ocasións explicamos na empresa o proceso de integración da persoa con discapacidade no cadro de persoal, e un preparador laboral acompaña a esa persoa o tempo que precise para ser autónoma no emprego», explica.

Puestos en la Administración

Lograron además 16 puestos públicos, en oposiciones de la Administración central. Prevén incrementarlos: «Estamos á espera de coñecer as datas das oposicións da Xunta. Preparamos para participar a 180 persoas; en Santiago temos 4 grupos con máis de 40 persoas», indica.

Desde el 2006 reclaman empleo público a la Xunta. Fue muy relevante, dice, la Convención Internacional de los Derechos de las Personas con Discapacidad, de la ONU, en vigor desde el 2011: «Traballamos coa Administración central para facer convocatorias específicas, e despois a Xunta tamén se sumou. Grazas a esa convención da ONU agora toda oferta de emprego público ten que reservar o 7 % das prazas para persoas con discapacidade, e o 2 % desas prazas para a discapacidade intelectual. Ao coñecer que existe esta posibilidade, cada vez hai máis persoas do noso colectivo que se animan a preparar oposicións», señala.