O primeiro número de «Follas novas» ve a luz en Rianxo

La Voz

BARBANZA

Previamente haberá unha ofrenda floral no paseo da Ribeira

23 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Paseo da Ribeira (Rianxo) • 19.30 horas • Rianxo súmase hoxe aos actos que esta semana están a ter lugar en diversos puntos de Galicia co fin de conmemorar o Día de Rosalía e faino dando cabida á presentación do primeiro número de Follas novas, unha revista de estudos vinculados á escritora do Sar. No acto participarán Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Pilar García Negro, coordinadora da publicación; Xosé Luís Axeitos, académico da RAG; e Adolfo Muíños, rexedor local.

Previamente haberá unha ofrenda floral diante do monumento de Rosalía, que incluirá unha intervención musical a cargo de Sabela Galbán, Oli Xiráldez, Gustavo Couto e Alberto Pires.