Promoción do galego en Santa Uxía con música e sesión de contos

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

21 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O concerto que Gloria, de Mamá Cabra, e Magín Blanco ofrecerán o xoves abrirá en Ribeira as actividades ideadas polo Concello para conmemorar o Día de Rosalía. Baixo o título O caderno dos afectos, o dúo ofrecerá un repertorio dos seus temas máis coñecidos, no que entrarán tamén letras da escritora do Sar. Ocuparán as cadeiras do auditorio alumnos de primeiro e terceiro de Educación Primaria.

A maiores, o venres instalarase na biblioteca unha exposición formada por unha selección de libros de Rosalía de Castro; mentres que o sábado, a escritora Charo Pita ofrecerá unha sesión de contos para bebés de cero a tres anos. Os interesados en participar teñen que anotarse no teléfono 981 835 650.