Babaluva abre en Boiro un cartel que inclúe unha lectura poética

La Voz

BARBANZA

Sabela Hermida impartirá un obradoiro

21 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Casa de cultura de Boiro • 10.15 e 12.00 horas • A compañía Babaluva abre hoxe, con dúas funcións dedicadas a escolares do municipio, os actos de homenaxe a Rosalía de Castro. O grupo fará, a través de actores e monicreques de talla grande, un percorrido pola vida e a obra da escritora.

No programa deseñado polo departamento de Cultura tamén se inclúe un obradoiro de poesía teatralizada, que Sabela Hermida impartirá o xoves e o venres na Cachada. Esta actividade pecharase cunha lectura colectiva e cunha actuación da propia Sabela Hermida, que recitará versos co acompañamento musical de Xiao Berlai. Os actos arrancarán ás 19.30 horas do venres.