Patrocinado porPatrocinado por

«Ter abellas fortes garante un medio ambiente moito máis saudable»

AGRICULTURA

Álvaro Ballesteros

Defiende una producción apícola más respetuosa y menos intervencionista

17 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde hace varios años, Xosé Manuel Durán Orús defiende un concepto de apicultura diferente. Lo promueve en cursos y charlas, como la que acaba de ofrecer en Arzúa: «Tento convencer de que hai outra maneira de entender o mundo das abellas, como un todo. Non cultivar abellas, senón enxames. Hai unha idea, cada vez máis estendida internacionalmente, de que o manexo tan intensivo e intervencionista que fan a maioría dos apicultores implica un prexuízo para o sistema inmune das abellas. É certo que existen ameazas moi serias, como os agratóxicos da agricultura intensiva, ou a velutina. Porén, se mudamos a maneira de actuar coas abellas, está demostrado que se axuda a combater as pestes que as afectan desde hai anos».

Es un asunto relevante, para el sector y para toda la sociedad, enfatiza, porque «ter abellas fortes garante un medio ambiente moito máis saudable, e tamén mellores alimentos para as persoas», dice.

La apicultura que propugna se basa en dos asuntos centrales: «Favorecer unha maior temperatura no hábitat das abellas, e a produción de cera. Hai que considerar o enxame como un ser vivo no seu conxunto, e para iso é importante manter unha temperatura de 35 graos, que é a que precisan as abellas para ter unha boa saúde, co que se poden defender mellor das pestes; e así tamén producen mellor».

Además «é bo permitir que as abellas fagan a súa propia cera, que é un órgano máis do enxame. As abellas segregan elas mesmas a cera través dunhas glándulas na cámara de cría, e iso permite que produzan machos cando o necesitan. E os machos, ou abázcaros, que están dispostos fóra do núcleo vital do enxame, son moi importantes, porque son máis débiles que as abellas e atraen todas as pestes; e iso é outra forma de protexer as abellas», agrega.

Xosé Manuel Durán insiste en que es un error oponerse a la cría de zánganos. «Hai apicultores que non queren machos, pois pensan que son unha ameaza para a produción, e non é así: ao longo do ano non baixa o rendemento da produción», e incluso se optimiza el colmenar, dice.

Si se colocan en la colmena láminas estampadas de cera, como se hace habitualmente en el modelo de apicultura más extendido, se entorpece que las abejas hagan su propia cera y, además, «aumentan os riscos de contaminación a través das láminas, e de crear resistencias», dice.

«Do que se trata é de ter máis respecto coas abellas, que elas nos devolven en saúde. Para iso é tamén importante intervir menos, abrir as colmeas non máis de dúas veces por ano e en épocas en que as temperaturas sexan máis elevadas; e orientar as colmeas para que entre o maior calor. En definitiva, propoño quebrar o círculo vicioso da apicultura e da agricultura intensiva máis habitual, que incide moi negativamente no sistema inmune dos enxames e favorece as doenzas das abellas, que cada vez teñen máis debilidade, e desaparecen». Esta apicultura más ecológica «atrae cada vez a máis produtores novos, iso é unha esperanza para o futuro», afirma.

Respecto a la velutina, una de las amenazas más serias «vexo ben o que se defendeu en Arzúa: que a Xunta a inclúa como unha especie exótica invasora, que se catalogue como tal e se coordinen actuacións desde Medio Ambiente. E fomentar a investigación, porque parece que a velutina se vai estender por Europa e hai que orientar a actuación sobre todo a evitar que dane as abellas», sostiene Durán Orús.