Peonalización, catro razóns

Xosé Antonio Vázquez Cobas BUZÓN DEL LECTOR

BARBANZA

22 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

C ando falamos de peonalización, falamos de dar preferencia ao peón fronte ao coche, nas rúa peonís o peón gaña protagonismo. En Ribeira estase falando de peonalización e facémolo sabendo que temos que conciliar o uso dos vehículos e o respecto cara os peóns, con alternativas de tránsito e aparcamento, mais hai que decidir, que é máis importante o coche ou o peón? Para min e o BNG é o peón por catro razóns:

 A razón económica, a cidade tamén é un espazo económico e unha peonalización exitosa revaloriza os negocios (30%) e promove as compras no comercio local axudando a crear e manter postos de traballo. Non malgastamos enerxía e hai máis vida na rúa podendo facerse diversas actividades; lúdicas, festivas e culturais.

A razón medioambiental, as emisións de efecto invernadoiro diminúen. Primamos o transporte público e axudamos a ser máis respectuosos co medio natural. Se reducimos a velocidade a 30 quilómetros por hora, o tráfico é calmado producindo menos emisións á atmosfera e tamén menos ruído.

A razón da saúde, ao reducir a contaminación do aire gañamos en calidade e respiramos menos gases prexudiciais para a nosa saúde. Con máis rúas peonís redúcense os accidentes de tráfico e atropelos ao tempo que fomentaremos o exercicio e un estilo de vida máis saudábel nunha cidade tranquila e segura, con menos contaminación sonora.

A razón humana, as rúas son máis confortábeis e poderanse implantar os camiños escolares protexidos facilitando que as crianzas poidan ir a pé ata o colexio. Existe outra mellora importante, a plataforma única, que elimina barreiras, facendo a cidade máis accesíbel facilitando que todo o mundo poida acceder aos espazos públicos sen problema.

Estas catro razóns son algunhas das razóns que farán de Ribeira unha cidade con maior calidade de vida, segura, limpa, habitábel, inclusiva e cohesionada e desde o BNG así a queremos que sexa, unha cidade feita para a xente.

Nota Bene. Estas tres razóns están contrastadas coa realidade e son un resumo do que din os expertos na materia. Xosé Antonio Vázquez Cobas. BNG de Ribeira.

Envíe sus textos a redac.barbanza@lavoz.es