Barbantia convida ao vigués Julián Rodríguez Novo

La Voz

BARBANZA

O escritor presentará «Unha morte lanza. A traxedia do bou Eva»

25 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Auditorio de Rianxo • 20.00 horas • O escritor vigués Julián Rodríguez Novo estará en Rianxo para presentar Unha morte lanza. A traxedia do bou Eva, unha visión teatralizada do suceso acontecido en abril de 1937, cando nove republicanos galegos querían fuxir nun barco desde o porto do Berbés e acabaron suicidándose polo acoso policial. No acto presentarase un novo número, o 118, do suplemento A Voz de Barbantia. O autor estará arroupado polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; a directora de Airiños, Esther Carrodeguas; o editor, Enrique Sanches; e o alcalde, Adolfo Muíños. Antón Alcalde fará unha apertura musical e o elenco de Asados pechará cunha lectura dramatizada.