Ser líder

Ramiro Ouviña Ouviña. A Pobra BUZÓN DEL LECTOR

BARBANZA

18 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O líder é unha persoa cuxas virtudes serven de referente á sociedade. Esa condición de líder pode ser consecuencia dos actos propios da persoa ou da confianza que lle outorga unha comunidade, e pode ser individual ou colectiva. O líder soe ter boa imaxe, capacidade de comunicación e tamén de traballo. Pero abonda con estas calidades ou son precisas outras virtudes para merecer o cualificativo de líder?.

Eu coido que si, que se necesitan máis. Penso que o líder ten que ser:

Honrado: Dise da persoa que obra con honradez, que aínda tendo a oportunidade de enganar aos demais e de tirar proveito deles, non o fai, así como tampouco o fai dos seus feitos ou ditos.

Honesto: Dise de quen non engana os demais nin se aproveita deles.

Crible: Dise de quen é capaz de que os demais admitan o seu testemuño como verdadeiro sen sabelo por experiencia propia.

Firme: Dise de quen cumpre e mantén os compromisos adquiridos.

O líder, xa que logo, ten que actuar honrada, honesta, firme e criblemente e malo sería que só se lle supoñan tales calidades pero non as aplique na súa actividade. É realmente difícil atopalas todas nunha soa persoa. É complicado ser líder, manter no tempo a honradez, a honestidade, a credibilidade. Require de moito esforzo e moita firmeza nas conviccións.

É doado deixar de ser líder. Abonda con provocar situacións só para tratar de sacar proveito da confusión, como tivemos oportunidade de ler estes últimos días en declaracións de pretendido liderado feitas en La Voz de Galicia que delatan comportamentos carentes das calidades citadas, e que, pola contra, abondan en oportunismo, egocentrismo e caudillaxe de baixo nivel. 

Puede enviar sus textos a la dirección de correo electrónico redac.barbanza@lavoz.es