A Real e Ilustre aspira a ter un álbum de fotos antigas

La Voz

BARBANZA

Apela á colaboración dos veciños

16 sep 2016 . Actualizado a las 22:24 h.

Recoller en imaxes a longa historia da Festa da Dorna é o novo obxectivo que ven de marcarse a Real e Ilustre Cofradía. Desde a asociación faise un chamamento a todos os veciños para que colaboren con esta iniciativa, facendo un traballo de recompilación nas súas casas. Do que se trata é de confeccionar un arquivo dixital, polo que se solicita o envío das instantáneas á dirección de correo electrónico afestadadorna@gmail.com.

Tamén poderán participar nesta iniciativa aquelas persoas que só teñan fotografías dorneiras en papel ou en negativo. Neste caso, poden poñerse en contacto coa asociación a través do correo electrónico ou do Facebook, para que membros da entidade escaneen as imaxes.