Galego

Emilio Sanmamed
Emilio Sanmamed LIJA Y TERCIOPELO

BARBANZA

21 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Se chove, deixa chovere. Se orballa, deixa orballare. Por mais que chova e vente de ti non me hei de apartare», dicía a cantiga popular que usou a miña peña dorneira na Canción de Tasca. E parecéronme unas verbas tan agarimosas que as sentín máis preto de min que calquera cousa que lera en castelán este ano. Conmovido, canteinas a viva voz.

O meu cuarto era a biblioteca da casa e, aínda que meu pai tiña unha boa colección de libros en galego, na miña mocidade os que mais me gustaban (fantasía épica) estaban escritos en castelán. Creo que por iso sempre fun castelanófilo, falo en castelán ca xente do meu entorno e só falo en galego cando alguén me fala en galego.

Fai uns días coincidín con Carlos Lixó, sempre que nos atopamos de troula falamos de viños e literatura, típico de dous bos dorneiros. Comenteille canto me gustara o verso co que iniciei este artigo, alegrouse, deume unhas terribles estatísticas que amosan o infrautilizado que está o galego e díxome algo que quedaráseme gravado moito tempo: «Os responsables de salvar ó galego sodes vos, os que falades en castelán». Levo días dándolle voltas á sentencia.

Eu, coma castelanparlante, o último que quero é que o galego desapareza, porque a cultura é riqueza e quero que a miña terra sexa rica. Persoalmente vou comezar a consumir mais literatura galega e a intentar escribir máis artigos nesta lingua. Vouno facer porque sinto que teño un compromiso ca cultura, ca miña e con todas, porque faime enormemente feliz. Sempre vou estar do lado da cultura, por máis que chova e vente dela non me hei de apartare.