O primeiro mergullo da 68 singradura da paso a unha xornada intercultural

Ribeira / La Voz

BARBANZA

Entre os espectadores que se deron cita na praia de Area Secada estaban as dornas da Real e Ilustre, que fixeron pequenos roteiros pola zona

20 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Por diante quedan o Voo sen Motor e a Rejata de Embarcasións, pero os dorneiros tiveron onte o seu primeiro contacto coa auga. Foi nunha actividade que se sumou o ano pasado ao programa: o Trinautlón. Empregando a fórmula dunha carreira de relevos, os membros das diferentes peñas demostraron as súas dotes en tres deportes náuticos: paddle surf, kaiak e surf; empregando o material da escola ribeirense Gecko’s. Entre os espectadores que se deron cita na praia de Area Secada estaban as dornas da Real e Ilustre, que fixeron pequenos roteiros pola zona.

Sinjladura Jastronómica

Bares de Ribeira • Mediodía • A través do padal, os ribeirenses terán ocasión de viaxar a México, Francia, Italia, India, Xapón, Valencia, Portugal e a época celta. Oito locais hostaleiros ofrecerán tapas típicas deses lugares no marco da Sinjladura Jastronómica das Culturas. O menú completarase cos doces que a colonia de inmigrantes afincados en Ribeira servirán a partir das 19.00 horas no entorno do Parque de Atrás.

Cris Román, en concerto

Rúa Teruel • 21.30 horas • A artista de Ribeira Cris Román, que xa lograra encher o auditorio coa presentación do seu primeiro disco, A cuentagotas, regresa para animarlle a noite aos dorneiros. Non será a única actuación musical da xornada. Ás 13.30 actuará Jamba’n Rouses (Triskel) e, ás 23.00, Supernautral (rúa Galicia).