1. O seu mellor momento para a lectura. Pola noite, cando estou baixo a manta da miña cama.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Pois simplemente que me guste a recensión, e a primeira páxina: gústame lela antes de mercar calquera obra.
3. Que lle achega a lectura? Basicamente, apórtame entretemento, imaxinación e, sobre todo, emoción.
4. Os seus libros favoritos. La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Joël Dicker e, A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.
5. Un xénero literario. A literatura fantástica, sen dubidalo.
6. Un personaxe e un espazo literario. Sempre quixen ser Légolas en Poñente, iso sería para 10.
7. Que está a ler agora? Os homes que non amaban ás mulleres, de Stieg Larsson.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. En galego Agustín Fernández Paz, e noutra, pois Tolkien, George R. R. Martin ou Poe.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? As series. Son moi seriéfilo; encántame tamén escoitar música e xogar á ps4.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Quedo coas piscinas do río Pedras.