«Hai moito ruído e moi pouca acción no executivo»

La Voz

BARBANZA

01 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O voceiro do BNG, Amador Turnes, asegura que o executivo non ten en consideración as numerosas iniciativas que presentaron e desaproba o labor do executivo: «Hai moito ruído e pouca acción. Está facendo moi pouca cousa e resulta lamentable, porque non se inviste un peso. É un deixamento absoluto».

Afirma que se fixeron anuncios «con gran bombo», como a contratación de persoal para traballar nas minas de San Finx o a posta en marcha do polígono industrial, pero ningunha se materializa.

Tamén criticou Amador Turnes o feito de que os orzamentos se desen a coñecer aos medios de comunicación antes da celebración da comisión informativa: «Iso é rirse dos concelleiros». Nese senso, indicou que a maioría das obras que figuran no plan económico corresponden ao POS e ao PAS da Deputación: «Inversión directa non hai».