«As canles de participación co goberno son poucas»

La Voz

BARBANZA

31 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Irromperon no escenario político pouco antes das eleccións e lograron dous concelleiros. O voceiro de Rianxo en Común, Antón Castro, recoñece que o traballo non foi sinxelo: «Custounos un pouco ir aterrando porque viñamos de lugares moi distintos, pero agora levamos seis meses facendo propostas

Cando se pregunta a Antón Castro pola relación co executivo afirma: «As canles de participación son poucas. Ábrense cando o goberno está seguro de ter todo controlado». Ao mesmo tempo, Castro indica que «debería saír o debuxo do goberno en solitario do BNG, pero non é así» e indica que o de Muíños «é un goberno de continuidade». O voceiro de Rianxo en Común manifesta que as relacións co executivo son cordiais no persoal «e distantes no político»,

En materia de actuacións pendentes, a formación política asegura que a maior prioridade é a construción dun centro de día, así como levar a cabo políticas que redunden na dinamización da economía.