Vinte entidades encherán de música e literatura o Noela

La Voz

BARBANZA

<span lang= gl >A Coral Polifónica de Noia intervirá no acto</span>
A Coral Polifónica de Noia intervirá no acto . marcos creo< / span>

11 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá.?11.30 horas.?Noia?.?O coliseo Noela acollerá mañá un dos actos importantes das Letras Galegas en homenaxe a Manuel María, no que intervirán preto de vinte entidades vinculadas ao mundo da educación e da cultura de cinco concellos (Outes, Muros, Lousame, O Son e Noia). O encontro, organizado por Autos Dosil no marco do seu sesaxésimo quinto aniversario, conta coa colaboración da Real Academia da Lingua Galega, do Consello da Cultura Galega, da Editorial Galaxia, da Xunta e do Concello de Noia.

Pequenos e maiores porán o seu grao de area nun vistoso recital a cargo de varios colexios e centros culturais da ría de Muros e Noia. Participarán dende os alumnos de infantil do María Assumpta, ata unha xeira de estudantes do Felipe de Castro, dos colexios de Portosín, de Serra de Outes, de Esteiro, do Alejandro Rodríguez Cadarso e do IES Virxe do Mar, así como o grupo A Misela do Liceo de Noia.

Trala intervención das autoridades actuará a Coral Polifónica de Noia, que interpretará A Consuelo foi o muíño e o himno galego. E, para culminar o acto, realizarase unha entrega de fondos bibliográficos e, cos alumnos de volta nos seus centros, haberá un almorzo institucional.