Unha trompa alpina cólase entre a banda

BARBANZA

<span lang= gl >Samuel Pérez Llobel (á dereita da imaxe) durante un dos ensaios previos ao concerto coa banda de Boiro</span>
Samuel Pérez Llobel (á dereita da imaxe) durante un dos ensaios previos ao concerto coa banda de Boiro . carmela queijeiro< / span>

Intervirá no concerto de solistas que ofrece o conxunto boirense, con Baleirón Frieiro á batuta, o día 22

11 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A Banda de Música Municipal de Boiro contará entre as súas filas cun instrumento pouco usual. Unha trompa alpina de preto de tres metros de lonxitude participará na tradicional actuación que o conxunto ofrece cada ano co gaio das Letras Galegas. A cita terá lugar en Boiro o domingo 22, data para a que se está a preparar un concerto de solistas, o que significa que un ou varios músicos terán un papel protagonista dentro do programa.

Samuel Pérez Llobel, que actualmente traballa como instrumentista coa banda municipal de Santiago, intervirá coa súa singular trompa alpina como solista invitado no recital, durante o cal interpretará dúas pezas: Jozsef in form, de Gottfried Aegler, e Alphorn Ballad, de Dennis Armitage.

Outros seis solistas

Outros seis compoñentes do conxunto boirense, formado actualmente por unha trintena de músicos barbanzás, farán destacar os seus instrumentos sobre o resto como solistas: Juan Pérez Ortega no xilófono; Lois Pimentel Iglesias e David Lojo Ces na trompeta; Iris Figueira Castro e Rebeca González Diéguez no clarinete; e José Manuel Fraga Cordeiro no saxofón.

O concerto de solistas se completará con outras obras nas que as seccións de metais, madeiras e percusións cobrarán forza para asumir tamén un papel principal.

A actuación desenvolverase baixo a ordes da batuta do director titular da banda de Boiro, Martín Baleirón Frieiro.