O club Tapal leva a Lousame os versos de Manuel María

La Voz

BARBANZA

Actuará na casa de cultura o domingo ás 20.00 horas

05 may 2016 . Actualizado a las 05:45 h.

Domingo • Casa de cultura de Lousame • 20.00 horas • Despois de ter actuado na Pobra e en Noia, a Tertulia Literaria Tapal ofrecerá en Lousame o seu recital poético dramatizado sobre Manuel María. Galicia, do libro Os soños na gaiola, e Mensaxe a Manuel Curros Enríquez, de Remol, son os poemas que abren este espectáculo dirixido por Ana Blanco, que se completa con fotos e cadros.