«As pasteiras son as que fixan as taxacións»

R. DONIZ

BARBANZA

Santiago Suárez

06 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Santiago Suárez é coñecido, entre outras moitas cousas, por non estar conforme coa implantación que tivo o eucalipto en Galicia. El defende que o monte pode ser rendible, pero con outras especias que favorezan a protección do medio ambiente.

-¿Onde xurde o problema coa variedade nitens?

-Dende a Administración non se impediu que Ence e algúns viveiros fomentaran en Galicia a plantación de nitens. De feito, falábanse marabillas, xa que dicían que era resistente a unha praga e ao frío. Pero dende que as empresas papeleiras necesitan a mesma cantidade de nitens para dar a mesma cantidade de pasta de papel que eles conseguen co glóbulos descobren que precisan máis hectáreas de plantacións e están deixando de pagalo. O que nos preocupa é que esa deriva leva a que a madeira quede no monte e o eucalipto faga mato debaixo, non o corte ninguén e teñamos incendios.

-¿Existen alternativas rendibles ao eucalipto?

-Claro que as temos, e ademais alimentan o chan cada outono, benefician aos animais e non favorecen os lumes.

-¿Quen establece os prezos da madeira?

-As pasteiras son as que fixan as taxacións do nitens, e agora queren votar abaixo esta variedade alegando que non resiste o frío e outras cousas máis. O que está claro, e se pode ver noutros países, como Francia, é que cando fan pasta de papel con madeira plantada por eles utilizan o bidueiro, que é unha especie autóctona de Galicia.