A lei do péndulo

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

02 feb 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

Asituación política actual é como a lei do péndulo nos tempos antigos, todo flúe e reflúe, sube e baixa, medra e diminúe, vai e ven, pero na antigüidade descoñecían a teoría de Darwin, que non deixa de ser máis que iso, unha teoría, mentres que a do péndulo é un axioma matemático. A nosa clase política está amosando ser tan antiga coma o propio Adán e, emporiso, será tentada e pecará, xa que, en palabras do historiador Pío Moa, a república morreu por falta de republicanos e a democracia (española) morrerá por falta de demócratas.

Porque, ¿como se deben interpretar os resultados do 20D? Moi sinxelo, tanto o PP como o PSOE perderon en escanos e votos, no primeiro caso a terceira parte do que tiñan e os socialistas máis dunha quinta, polo que tanto Rajoy como Sánchez están un tanto desprestixiados para formar un goberno. Un, por non haber gobernado conforme co seu programa. E o outro, por non haber feito unha oposición construtiva, mentres que Podemos e Ciudadanos, que gañaron o cen por cen, estarían máis lexitimados.

Entón, ¿a quen debería encargar Felipe VI a formación de goberno, ao centro-dereita con 177 escanos ou ao centro-esquerda con 173? Imos poñer un exemplo moi gráfico. Nas derradeiras eleccións municipais en Ribeira gañou o centro-dereita (PP 9, C?s 3), polo que a lóxica do péndulo dixo que tiña que ser alcalde Manuel Ruiz, mentres que na Pobra do Caramiñal gañou a esquerda (Nós Pobra 4, BNG 3 e PSG 1) e non tería ningunha lóxica que gobernase Manuel Durán con 5 concelleiros. Pero, con estes irresponsables, a mellor solución para España sería repetir as eleccións.