1. O seu mellor momento para a lectura. Despois de comer ou, se non pode ser, antes de me deitar.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Sobre todo que me chamen a atención no tema ou no argumento, a crítica e o «boca a boca».
3. Que lle achega a lectura? Evasión, emoción e, ás veces, novos puntos de vista nos que non tivera reparado.
4. Os seus libros favoritos. La soledad de los números primos, de Paolo Giordano; Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro; e Cántigas de Alén, de José Ángel Valente.
5. Un xénero literario. Difícil, pero diría que a lírica, en verso ou en prosa.
6. Un personaxe e un espazo literario. A viaxe que fai por Europa Salomón, o elefante de El viaje del elefante, de José Saramago.
7. Que está a ler agora? Underground, de Haruki Murakami.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Teresa Moure e Amélie Nothomb.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? A música, a danza e os amigos.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O casco histórico de Noia, ao que lle dedicar una novela.