Galicia vístese de verde para reivindicar o monte Pindo

BARBANZA

En Carballo escolleuse unha escultura.<span lang= es-es > </span>
En Carballo escolleuse unha escultura. j.?m. Casal< / span>

A iniciativa a prol do macizo carnotán tivo gran acollida nas principais cidades

17 oct 2015 . Actualizado a las 05:10 h.

O verde, como a todo o mundo lle gustaría ver o monte Pindo, tan castigado polo lume, é xa a cor oficial da loita para conseguir que o macizo carnotán se converta en parque natural. Galicia iluminouse onte con esta tonalidade para reivindicar a necesidade de protexer un ben natural e patrimonial tan importante coma o Olimpo Celta.

Por problemas técnicos non foi posible que, precisamente en Carnota, onde naceu a iniciativa, puidera lucir de verde o seu emblemático hórreo. Sen embargo, si se sumaron á reivindicación os demais monumentos e edificios públicos previstos. Desde Ferrol ata Santiago, pasando por A Coruña, Fisterra, Vimianzo e Carballo ata chegar á cidade de Pontevedra, as luces verdes chamaron a atención sobre a necesidade de protexer o monte Pindo declarándoo parque natural.

A pesar dos imprevistos, desde o colectivo que promove a campaña a favor do macizo carnotán valoraron moi positivamente unha iniciativa que cumpriu o obxectivo de poñer o foco no Pindo e que ademais serviu para demostrar que «non somos catro, hai moita xente comprometida detrás desta reivindicación e que está detrás da petición do parque natural».

A proposta de iluminar de verde monumentos emblemáticos enmárcase nos actos do quinto aniversario da Asociación Monte Pindo, que se celebra hoxe.