Ramón Blanco. Poeta e ensaísta de Outes

Pastor Rodríguez

BARBANZA

25 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Profesor de galego no ensino medio, nado en 1979, Ramón Blanco foi un dos fundadores do colectivo poético Sacou, co que participou no World Poetry Day de 2001, ademais de ter gañado o I Certame Francisco Añón de Poesía e de colaborar nas revistas A Caramuxa, Casa da Gramática e Terra de Outes.

No ano 2005 publicou o seu primeiro poemario, Orfeu en soños, pero é tamén autor de traballos sobre Añón e columnas críticas no ABC e na rede.

O ano 2012 foi moi importante na súa andaina literaria, pois publicou o poemario Emily on the Road, un extenso poema narrativo que une o cosmopolita co autóctono, unha longa noite para falar dos temas que lle interesan: a morte e a auga. A carón deste volume publica Vida e obra de Franscisco Añón. Antoloxía poética (Vigo, Galaxia, 2012), o acercamento máis actualizado á figura do gran precursor de Outes. Sobre este autor publica traballos en Terra de Outes e no anuario Barbantia.

En 2014 fará unha nova achega ao coñecemento das letras galegas do século XIX ao editar e prologar as Poesías de Nicolasa Añón, con varios textos até agora descoñecidos. Anunciou tamén que está a traballar nun novo proxecto, o libro Redeiros.