Pepa Rey Romay

La Voz

BARBANZA

25 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura.  Pola noite, cando me deito.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. O autor, a trama, e logo os últimos publicados. 

3. Que lle achega a lectura? Distráeme, satisfaime, ensíname.

4. Os seus libros favoritos.  Os de Ken Follet, Lorenzo Silva e Isabel Allende.

5. Un xénero literario. Case todos, agás os de guerra e ciencia ficción.

6. Un personaxe e un espazo literario. Non sabería elixir.

7. Que está a ler agora? Algo tan parecido al amor, de Carmen Amoraga. 

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Rosalía de Castro e Ken Follet.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Fago ximnasia, pandeireta, cantareira e baile. E camiñar encántame.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro.  Moitísimas... por citar unha, as vistas desde a Curota.