«No surf non é necesario competir para divertirse»

ribeira / la voz

BARBANZA

Rodríguez e Tangil traballan na escola de surf desde xuño.
Rodríguez e Tangil traballan na escola de surf desde xuño. queijeiro< / span>

Dani Rodríguez e Carlota Sangil traballan no verán nunha escola de deportes acuáticos

31 jul 2015 . Actualizado a las 18:02 h.

Dani Rodríguez leva preto de doce anos acariciando as ondas do litoral galego. O mar corre polas venas deste ribeirense de tal xeito que a súa paixón e profesión concrétanse nun mesmo lugar: a praia de Balieiros, en Corrubedo, onde exerce como monitor de deportes acuáticos na escola Grip.

O mozo de 24 anos traballa neste centro desde xuño, ao igual que Carlota Sangil, responsable das tarefas administrativas e de oficina. Desde que a escola abrira as súas portas ao público este verán, a cantidade de rexistros é máis que exitosa: «Nunha semana temos unha media de entre 40 e 50 aprendices. Apúntanse persoas de diversas idades, desde os 6 ata os 55 anos», afirma o monitor.

As praias do municipio elixidas para a iniciación no surf, bodyboard ou pádel board son a do Vilar e a Ladeira, xa que nestas o tamaño e a foza das súas ondas non son excesivamente importantes.

Conquistando ondas

Pese a que a época estival é a máis atractiva á hora de realizar este tipo de deportes acuáticos, Dani Rodríguez asegura que a tempada para conquistar as mellores ondas é o outono, nos meses de outubro e novembro. En todo caso, o mozo advirte que dos riscos que supón enfrontarse ao mar: «Teño sufrido numerosos cortes e escordaduras. Hai que ter os ollos ben abertos».

Este amante do surf salienta os valiosos beneficios que lle aporta esta actividade deportiva, como o contacto coa natureza e o compañeirismo: «No surf non é necesario competir para divertirse e brinda a oportunidade de estreitar lazos de amizade con persoas coas que compartes unha mesma afección».