Un novo concepto de ocio e turismo

maría piñeiro / A.G.

BARBANZA

Os xogos están deseñados para que calquera persoa poida realizalos e divertirse.<span lang= es-es > </span>
Os xogos están deseñados para que calquera persoa poida realizalos e divertirse. carmela queijeiro< / span>

San Roque combina altura e diversión na súa atracción máis popular

29 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde que o Ecoparque Arbóreo de San Roque abrira as súas portas ao público o pasado mes de maio, moitos foron os aventureiros que decidiron pasarse pola zona de ocio e deporte. De feito, máis de un atreveuse a repetir a experiencia numerosas veces, sen que o temor ás alturas fora un impedimento para cruzar dunha árbore a outra.

O novidoso recinto de aventura conta con escaleiras, pasarelas, pontes colgantes e tirolinas que fan gozar a grandes e pequenos por igual. Só existe outro parque arbóreo como o de San Roque en toda Galicia e está localizado en Marín, polo que a xente da Barbanza e arredores que sexa amante da natureza e o deporte debería gardar un oco obrigado na axenda para visitar estas instalacións.

Cada aventureiro poderá gozar dunha hora e media de desfrute do entorno a través da actividade física.

Tres, dous, un...

O percorrido está composto por tres circuítos e cada un destes consta de diferentes xogos ou niveis. Para superalos requírense de certas facultades que poñerán a proba as habilidades de equilibrio, axilidade e concentración do individuo. Os xogos están deseñados para que calquera persoa, independentemente da súa preparación física e idade, poida divertirse neles. Ao finalizar cada circuíto, hai un descenso en tirolina, momento en que a subida de adrenalina está asegurada. As emocións conseguidas conxuran unha mestura de sentimentos contrapostos, que van desde o nerviosismo inicial ás gañas de repetir finais.

Os módulos do parque intégranse no entorno arbóreo á perfección. Durante meses, un enxeñeiro forestal estivo estudando a zona, analizando cada tronco polo miúdo: «En ningún momento as árbores sofren, teñen protección en todos os lugares de posible fricción», indica Rubén Gómez, persoal do equipo de emerxencias de Ribeira e un dos monitores encargados de supervisar a actividade levada a cabo.

«Hai xente que manifesta que ten vertixe, pero acaba os circuítos contenta», comenta Gómez, quen destaca a enorme popularidade que acada esta atracción: «Case sempre se cubre o número máximo de persoas. Hai días nos que incluso queda xente fóra».

A maioría dos usuarios concordan en destacar a fermosa paisaxe e agradecen as comodidades que se facilitan, como bancos e parrillas, o que posibilita pasar unha tarde agradable en compañía da familia ou dos amigos: «É o plan perfecto, diversión e boas vistas», afirma unha asistente..

historia estival