Lampón lembrou ás vítimas do «Paquito» no seu día grande

BARBANZA

López lanzou a coroa en memoria dos mariñeiros falecidos<span lang= es-es >. </span>
López lanzou a coroa en memoria dos mariñeiros falecidos. gestoso< / span>

A chuvia non impediu a celebración da misa campestre e da procesión por mar

27 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O día de onte non amenceu como desexaban os veciños de Lampón, dispostos a celebrar por todo o alto a xornada festiva dedicada á patroa dos mariñeiros. Pero, como nada podía facerse por cambiar as condición meteorolóxicas, a comisión organizadora dos festexos decidiu poñerlle boa cara ao mal tempo e seguir adiante coas actividades previstas, introducindo pequenos cambios. De feito, mantivéronse as citas principais, unha misa de campaña e unha procesión marítima na que se lembrou aos falecidos no naufraxio do Paquito Nº2.

A liturxia tivo lugar no campo das festas, de forma que lle permitiu aos párroco que a oficiaron aproveitar o palco da orquestra para resgardarse da chuvia. O bispo auxiliar de Santiago Jesús Fernández González e o seu secretario, Santiago Fernández, encargáronse da celebración xunto co párroco local, Marcelino Sánchez. Aínda que o tempo non acompañou, foron moitos os veciños que, paraugas en man, se deron cita no lugar. Previamente, a imaxe do Carme fora trasladada desde a igrexa no interior dun camión, en vez de nunha procesión terrestre tal e como estaba previsto.

Si foi nos ombreiros dun grupo de fregueses desde o campo das festas ata o muelle, para embarcar despois no Pescadería, co patrón Manuel Castro ao timón. Na cuberta desde barco, a Virxe do Carme de Lampón fixo o seu percorrido anual pola ría de Arousa, unha ruta que, coma sempre, incluíu unha parada para o lanzamento dunha coroa ao mar.

Lanzamento de dúas coroas

Aínda que nesta ocasión foron dous os feixes de loureiro que se tiraron, un en homenaxe á patroa dos mariñeiros e outro en lembranza dos mariñeiros falecidos no naufraxio do Paquito Nº2. O lanzamento desta segunda coroa correu a cargo do propietario do bateeiro, Francisco López. Entre as persoas que arrouparon á santa nesta travesía estaba o rexedor boirense, Juan José Dieste.

A chuvia si que restou afluencia de participantes á procesión marítima. Foron unha ducia de embarcacións as que acompañaron ao Pescadería no seu percorrido. A cifra de tripulantes foi tamén inferior á de edicións anteriores pero, aínda así, cumpriuse unha vez máis a tradición.

Xa de regreso ao campo das festas, serviuse unha gran paella preparada baixo un toldo instalado no lugar. Estaba previsto que unha verbena a cargo de Royal Orquesta de Galicia e dunha discoteca móbil lle puxeran o broche aos festexos, non sen antes facer un descaso para a sesión pirotécnica de rigor.