Primeiro mergullo da 67 singradura

BARBANZA

Un grupo de participantes no Trinautlón.<span lang= es-es > </span>
Un grupo de participantes no Trinautlón. carmela queijeiro< / span>

Surf, kaiak e vela foron o eixo do Trinautlón, que concluíu cunha romaría

22 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que os mergullos máis esperados da Dorna chegarán da man do Premio Ícaro de Voo sen Motor (mañá, 19.30) e da Rejata de Embarcasións (venres, 13.30 horas), os membros da gran marea que asolaga a cidade desde o pasado venres tiveron onte o seu primeiro contacto coa auga. Foi na praia da Area Secada, onde os deportes náuticos se sumaron por vez primeira ao singular cóctel desta festa, na súa singradura número 67.

No areal había preparado un Trinautlón e foron moitas as persoas que non quixeron perdelo. Á súa disposición tiñan material diverso para practicar refrescantes actividades como kaiak, surf e mesmo vela. É que a Real e Ilustre desprazou ata este punto do litoral as súas dornas: Nai, Jalerna, Virxe do Carme e Patiño II, unha embarcación que foi estreada no encontro de Cabo de Cruz e que aínda está pendente dos últimos retoques; co fin de que fixeran uso delas todos os interesados, que foron un feixe.

Algunhas peñas ata se animaron a participar nunha carreiras de relevos, sen carácter competitivo, nas que ás actividades náuticas se lle engadiu unha por terra, consistente en arrastrarse pola area cal miñoca. O son das gaitas e das pandeiretas fixo que a xornada, cara a súa recta final, fora collendo forma de romaría.

Estou que Eskacho, líderes

A Real e Ilustre fixo pública a clasificación provisional da Copa da Rei. A peña Estou que Eskacho lidera con 5.100 puntos este ránking, seguida das Navallas de Palmeira, con 1.650 puntos. Os seguintes tres postos están ocupados por Asedías que non Sarjo, Arría o Jallo, Polvos do Vilar e Derrape Mental. Por diante quedan aínda tres xornadas para remontar posicións.