Vicente Domínguez chama a atención dos lectores novos coas «Historias de Issia»

ribeira / la voz

BARBANZA

Marisol Guevara arroupou aos escritor de Palmeira.<span lang= es-es > </span>
Marisol Guevara arroupou aos escritor de Palmeira. marcos creo< / span>

O autor ribeirense presentou onte o volume, nun acto que tivo lugar no colexio da súa localidade, Palmeira

27 may 2015 . Actualizado a las 05:30 h.

Non son moitos os escritores de Barbanza que se animaron a facer obras para as persoas máis esixentes, o formado polos primeiros lectores. Pero Xosé Vicente Domínguez é unha excepción. Despois de ter editado oito volumes dirixidos ao gran público, ven de atreverse con Historias de Issia, un compendio formado por seis relatos cos que trata de chamar a atención dos nenos de entre 6 e 9 anos.

O autor ribeirense presentou onte o volume, nun acto que tivo lugar no colexio da súa localidade, Palmeira. Estivo arroupado pola directora do centro, Marisol Guevara. O escritor tivo palabras para as persoas que colaboraron no volume: os ilustradores Miguel Rodríguez Bello e Migallas Artechán, e o maquetador Toño Fernández. Nas súas 65 páxinas, a obra recolle tres contos en galego e outros tantos en castelán, todos con moralexa incluída.