«Os novos plans urbanísticos precisan de luz e taquígrafos»

BARBANZA

García Vidal valora o traballo feito no municipio noiés para conservar os lugares históricos<span lang= es-es >. </span>
García Vidal valora o traballo feito no municipio noiés para conservar os lugares históricos. Marcos creo< / span>

O noiés investigou a evolución urbanística, dende o século XII ata hoxe, das localidades limítrofes da ría de Muros-Noia

19 may 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

Aquel que se mergulla na historia ademais de atopar as súas raíces pode chegar a descifrar a condición humana, adiantándose así aos feitos futuros. Ese é o caso do historiador Pedro García Vidal, experto na historia da ría Muros-Noia, que tras analizar o pasado noiés consegue mostrar una visión clarividente do que será o futuro se non cambian radicalmente as cousas.

-¿Como evolucionou Noia nos últimos cen anos?

-Existe unha primeira etapa que comeza a principios do século vinte, cando comeza a chegar diñeiro da emigración e arranca o éxodo rural cara as cidades. Nese momento os veciños de Noia comezan a asimilar que o chan onde viven aumenta de valor e comeza a especulación. Derríbanse edificios e monumentos históricos, constrúense edificios de ata oito plantas no centro rompendo.

-¿Quen lle pon freo?

-Gustaríame dicir que foi coa chegada da democracia, pero durante os primeiros anos, aínda que se aprobase en 1974 o primeiro plan urbanístico, a xente seguiu facendo o que quixo. En realidade foi a crise do petróleo de 1973 a que bloquea o movemento de diñeiro e a especulación urbanística. Nos 90 intentase remediar a través da vontade política e dun novo plan, pero o mal xa estaba ocasionado.

-¿Hai marcha atrás?

-Parezo pesimista pero prefiro denominarme un optimista crítico. Se vemos Santiago de Compostela e a transformación urbanística de Pontevedra, Allariz, Oleiros e Noia, podemos percibir que hai cousas que se fixeron moi ben. Queda moito camiño por percorrer pero agora a xente está máis concienciada do valor que confire á súa vila coidar dos seus lugares históricos

-¿Repítense os mesmos erros?

- A vella político mantén un vello forma de facer as cousas. O novo plan do concello de Noia estase levando adiante sen a participación da cidadanía. Os políticos e técnicos non queren abrir o debate ao pobo. Non se sabe se aprobará nesta lexislatura, tampouco como afectará aos veciños, só existe un gran silencio. Os novos plans urbanísticos precisan de luz e taquígrafos

-¿Cal é a importancia da Historia na sociedade?

-É fundamental porque nos explica de onde procedemos. Durante toda a existencia o home fíxose sempre a mesma pregunta: ¿De onde vimos? A historia responde e dáche a posibilidade de coñecer o teu ADN.

-¿Entón por qué está relegada a un segundo nivel?

-Vivimos nunha sociedade onde o valor do diñeiro imponse ao coñecemento. A xeración máis preparada da historia ten que marchar para outros países onde si se recoñece a intelixencia como valor engadido. Esta forma de enfocar a nosa realidade traerá consecuencias, na historia hai exemplos de países que desapareceron por só centrarse no diñeiro. España debe cambiar de mentalidade con urxencia.

-¿Por qué cree que pasa isto?

-Vimos dun tempo onde primaba o diñeiro fácil e o ladrillo ocultaba todas as carencias. A cultura do «pelotazo» segue moi viva neste país.

Pedro García Vidal historiador

«Vimos dun tempo onde primaba o diñeiro fácil e o ladrillo ocultaba todas as carencias»

«Na historia hai exemplos de países que desapareceron por só centrarse

no diñeiro»