González está disposta a falar con todos os partidos se as urnas non lle dan a maioría

La Voz

BARBANZA

González logrou contestar a todas as preguntas dos internautas.
González logrou contestar a todas as preguntas dos internautas. o< / span>

A candidata do PSOE de Muros aposta por asesorar aos emprendedores para impulsar a economía    

19 may 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

Caridad González respondeu onte ás preguntas que lle fixeron os lectores a través de www.lavozdegalicia.es. A continuación, un resumo da súa charla. O contido enteiro da conversa pode verse na web deste xornal.

¿Se non consegue a maioría absoluta, está disposta a pactar con calquera partido?

Estariamos dispostos a falar con todos os partidos e facer o máis beneficioso para os veciños.

¿Ten algunha proposta para impulsar o sector empresarial?

Desde logo hai que seguir apostando polo polígono industrial, e facilitar os trámites desde o Concello, con asesoramento gratuíto, como se fixo estes catro anos, a todos os emprendedores, profesionais, industriais, etcétera.

¿Parécelle ben que se gastaran cartos no cine París e agora estea caendo?

Non me parece razoable senón todo o contrario, cando se comprou o cine París no Ministerio de Medio Ambiente en Madrid, gobernando o PSOE, había unha partida para a rehabilitación do mesmo, así como para o cine Elma de Pobra, e cando tomou posesión o goberno o PP con Rajoy á cabeza, esas partidas diluíronse.

¿Non cree que a vida municipal de Muros estivo moi crispada durante este mandato?

Nin moito menos. O noso grupo o que fixo durante catro anos foi traballar. Foi moito máis complicado o mandato no que houbo un pacto entre PP e BNG porque usaron unha maioría que para o único que serviu foi para retrasar o progreso de Muros.

¿A xente nova marcha de Muros, que vai facer para parar iso?

Desde os concellos pouco marxe de manobra temos, pero é imprescindible formar á xente e facilitarlle os trámites necesarios a todos os emprendedores e a todos os autónomos.