«Queremos democratizar e facer transparente a acción de goberno»

J. M. SANDE

BARBANZA

García destaca o apoio da mocidade<span lang= es-es >. </span>
García destaca o apoio da mocidade. SANDE< / span>

Os nacionalistas quixeron darlle un aire novo á lista electoral

06 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Muros afronta neste intre unha ruptura na súa formación. Pese a iso, o candidato á alcaldía, Manuel García (Muros, 1983), séntese moi satisfeito pola acollida da militancia, tanto na colaboración dos simpatizantes, como na implicación dos afiliados para formar parte da candidatura. O aspirante nacionalista quixo darlle un aire renovador á lista electoral e foi no sector xuvenil onde a receptividade e o afán por axudar foi aínda maior.

-¿A que aspira o BNG nestas eleccións?

-A gobernar o Concello de Muros, pois só dese xeito se poderá mudar a situación de declive actual e levar adiante o programa con que nos presentamos aos comicios.

-¿Cales son os eixos de actuación que propón para Muros o Bloque?

-Queremos democratizar e facer transparente a acción de goberno, lograr o desenvolvemento económico do municipio co apoio dos sectores produtivos e do comercio, e acadar un turismo sostible e non estacional. Débese dar un pulo ás políticas sociais, reactivar a cultura, o deporte e o conxunto dos servizos.

-¿Cree posible, a curto prazo, mudar a actual situación de crise no municipio?

-É complicado pero posible. Para iso fai falla a colaboración de tódolos sectores produtivos, sensibilidades políticas, axentes sociais e a axuda institucional. Si remamos todos na mesma dirección, non hai dúbida de que a situación mudará en breve.

MANUEL GARCÍA CABEZA DE LISTA Do BNG DE MUROS

Un libro: Designio

Unha película: A Esmorga

Un espazo: O Curro da Praza

Un político: Francisco Jorquera

Unha cidade: Pontevedra

Unha comida: Chuletón de tenreira

Un deporte: Fútbol da costa

Un personaxe histórico: Castelao Unha canción: Canto moderno

Un desexo: Revivir Muros

la carrera hacia el 24-m