«Hai que dialogar, ser transparente, cousa que ultimamente non sucedeu»

BARBANZA

Paradela quere mobilizar aos veciños<span lang= es-es >. </span>
Paradela quere mobilizar aos veciños. M.?C.< / span>

28 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Pese a nacer en Noia, o socialista Julio Paradela (1958) é lousamián «de pura cepa» e aspira a gobernar o seu concello facendo do diálogo e a transparencia a súa bandeira, algo que botou de menos na política municipal dos últimos anos.

-¿Como ve a campaña?

-Estamos nunha situación que non invita á actividade política. A aposta sería facer algo desde as institucións para involucrar á cidadanía para que perciba a política coma o que é, un servizo. O problema que temos é a desafección da xente e a min dáme máis medo o rexeitamento dos veciños á política que o que poidan facer os demais partidos.

-¿E como cre que se pode cambiar esa situación de desconfianza?

-O que hai que facer é dialogar, ser transparente, cousa que ultimamente non sucedeu. E eu considero que unha das formas de ser transparente é facer aos veciños partícipes das actuacións e as decisións que se tomen no Concello.

-¿Cales son as súas propostas para Lousame?

-Potenciar a agricultura, a gandería e a masa forestal para que sexan o motor do noso concello. E propoñemos achegar a asistencia social ás casas dos veciños.

-¿Cal é o seu balance deste mandato?

-Foron catro anos de ocorrencias. Por exemplo, o campo de fútbol de Cruído. Cambiouse de sitio e houbo que gastar unha morea de cartos en muros de contención... E logo falamos de boa xestión.

Un libro: «O lapis do carpinteiro»

Unha película: «Amelie»

Un espazo: San Finx

Un político: Olof Palme

Unha cidade: Barcelona

Unha comida: Solombo de porco con mazás e castañas

Un deporte: Baloncesto

Un personaxe histórico: Castelao Unha canción: «Let it be»

Un desexo: Gobernar en Lousame