Os versos do «Quechemare» de Manuel Fabeiro póñenlle o broche ás xornadas

La Voz

BARBANZA

18 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A sétima edición da Semana da Historia arrancou o sábado facéndose pública a proposta para que Manuel Fabeiro sexa distinguido co Día das Letras Galegas o vindeiro ano. Despois de sete intervencións relacionadas coa arquitectura, a xeografía, a arqueoloxía e a historia da zona, o ciclo chegará ao seu fin cos versos do Quechemare do escritor homenaxeado. O filólogo Xavier Castro ofrecerá unha charla que se completará cunha lectura de poemas.

Na sesión do xoves, que ao igual que as anteriores rexistrou unha notable afluencia de público, estivo protagonizada pola arqueóloga Manuel Pérez, que falou sobre a guerra dos argazos de 1640, e por Clodio González Pérez, que se referiu á historia das pontes da vila.

Casa de cultura de Noia

Día: Hoxe

Horario: 19.00 horas