A inspiración, nas historias que oía na Carreirana

La Voz

BARBANZA

27 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Francisco Cadaval Ayaso (Ribeira, 1960) medra nun lugar ideal para a súa curiosidade infantil. A casa d´A Carreirana, onde xantaban acotío de obreiros a viaxantes, de mestres a feirantes, de quen escoitaba historias. Tamén, pola tardiña, cando o pai contaba contos durante a partida cos amigos. A televisión para maiores mirábaa agachado desde un recuncho do sobrado. O negativo é que estas vivencias acurtan a maxia da infancia.

No Rueiro había moito ambiente, nenos de varias idades xogaban á bóla, ao peón, á billarda, segundo a estación. Non faltaba a casa abandonada onde imaxinaban aventuras. Outra festa era a de ir á leña para o San Xoán, e evitar que a roubasen.

Coma estudante no Bayón e no Galaxia lembra sen rancor a violencia física, exercida por hábito, non por malicia. «Non había un regulamento, dependía da inspiración do profesor, con honrosas excepcións. Cada hostia que nos daban era un acicate para imaxinar vinganzas». Despois do Instituto empezou Historia na USC, que abandonou polo teatro. Segundo o seu autor brasileiro favorito, Rubem Fonseca, «todos nascemos cuma vocaçao e unha aptidão». Se vives dunha delas está ben, se coinciden xa é fantástico.

Unha carreira que o levou a certames nacionais e internacionais. Por citar algúns: 

De narración oral: De Bouche a Oreille, Estrasburgo; Festival Internacional de Zacatecas; Maratona di Racconti, Gologno-Moncense...

De teatro, arte ou literatura: Mindelo (Cabo Verde); Poetas por km2, Santo Domingo. Festival de Literatura de Bos Aires; o Iberoamericano de Bogotá...

En Televisión fixo, entre outras cousas, Apaga a luz, TVG (contador, guionista e coordinador), Operación Triunfo, RTP Portugal, (profesor de interpretación). 

Asistente nas cátedras de galego das universidades de Trier, Varsovia, Cracovia, Berlín, Sorbonne, Lisboa, A Habana, Heidelberg e Tübingen.

Posúe infinidade de premios: Da Cultura Galega (2011); Max, ao mellor texto orixinal en galego por Shakespeare para ignorantes (2011); María Casares, á mellor dirección por Noite de Reis (2008); María Casares, ao mellor texto orixinal en galego por Se o vello Simbad volvese ás illas..