A lectora: Nieves Lampón González

La Voz

BARBANZA

27 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Á tardiña, ou á noite, e na fin de semana.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. O autor/a, a crítica e o estilo literario.

3. Que lle achega a lectura?  Lecer, evasión, inmersión en aventuras e lugares diferentes.

4. Os seus libros favoritos. De aventura, con trama que te mantén á expectativa ata o final.

5. Un xénero literario. A novela.

6. Un personaxe e un espazo literario. Calquera dos de Pérez Reverte, por exemplo.

7. Que está a ler agora? Pequenas obras de literatura infantil, para valorar para a Biblioteca.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Castelao e García Márquez.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? A música, os paseos ao aire libre, o cine e o teatro.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Calquera dos recunchos da Barbanza podería ser escenario perfecto para  imaxinar unha historia.