As homenaxes a Castelao seguen, da man de Barbantia

La Voz

BARBANZA

Mella y Muíños realizaron en año pasado la ofrenda.
Mella y Muíños realizaron en año pasado la ofrenda. marcos creo< / span>

Esta tarde haberá unha mesa redonda sobre humoristas gráficos

30 ene 2015 . Actualizado a las 09:45 h.

Os rianxeiros seguen mergullados no mes Castelao por excelencia, por ser xaneiro o período no que naceu e faleceu o seu gran literato. Para a clausura dos actos organizados co fin de renderlle homenaxe ao autor de Sempre en Galicia, o Concello aliouse coa asociación Barbantia, que é a promotora da mesa redonda que terá lugar esta tarde, ás 20.30 horas, no auditorio da localidade. Os ilustradores Luís Dávila, David Pintor e Xosé Lois González Vázquez falarán ao redor dunha idea: A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe.

O colectivo cultural fai coincidir esta actividade coa saída á rúa dun novo número, o 101, do suplemento A Voz de Barbantia, que se difundirá mañá co xornal La Voz de Galicia. A mesa redonda pecharase cunha intervención a cargo de membros da Escola de Música de Rianxo e cunha demostración plástica protagonizada por Carlos Triñanes.