O Apalpador aconsella sobre os regalos aos alumnos do Grupo

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

18 dic 2014 . Actualizado a las 05:02 h.

O reloxo aínda non marca as nove da mañá e a música xa soa no colexio O Grupo de Ribeira; os rapaces, antes de entrar nas aulas, saúdan a un gran Apalpador de cartón que os recibe xunto á porta e co que poden fotografarse sacando a cabeza pola súa barriga. Deste xeito divertido, os alumnos viven o Nadal recuperando un personaxe tradicional. Pero as sorpresas non acaban aí. Onte os estudantes recibiron nada menos que a súa visita e recolleron os caramelos que lles entregou. Sen embargo, o paso do Apalpador tamén ten un carácter didáctico.

Unha copla co título Consellos rimados para escoller agasallos serve para que anime aos rapaces a rexeitar xoguetes que inciten á violencia e para que lles indique que non fai falla gastar moito «porque as cousas sinxelas tamén dan felicidade».