A exposición do «Santa Isabel» recibiu máis de mil visitas

BARBANZA

25 nov 2014 . Actualizado a las 19:32 h.

Cando aínda non fai un mes que se inaugurou a exposición O Santa Isabel: Emigración, traxedia, heroísmo, o número de visitantes a esta mostra xa supera a simbólica cifra das mil persoas. Concretamente, foron un total de 1.017 os interesados que, ata agora, pasaron pola sala alta do auditorio municipal para contemplar esta ambiciosa acción, na que se reflicte todo o acontecido cun dos sinistros náuticos máis notables e con maior transcendencia mediática que se lembran en Galicia.

Dende o Concello de Ribeira estase a traballar para que nas próximas semanas grupos tanto de adultos como de escolares visiten a exposición, ante os valores históricos e didácticos da mesma.