«Temos que coidar e poñer en valor a nosa singularidade»

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Para presumir de pobo, o rexedor sonense ten moi claro que hai que potenciar tanto os recursos naturais como as peculiaridades do municipio

21 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Ninguén mellor que o alcalde de Porto do Son para falar das virtudes dun concello coma o seu. As súas praias, paisaxes e o seu rico patrimonio arqueolóxico, co castro de Baroña como buque insignia, non necesitan presentación, pero a todos estes recursos o rexedor engade os avances que se deron nos últimos tempos para a posta en marcha de novos servizos que redundan tanto nos veciños coma nos visitantes sen perder de vista que aínda queda un largo camiño por andar.

-Aproveitando que entramos na recta final do ano, ¿como cualificaría estes once meses do 2014? ¿Foi un período frutífero?

-Di que non se fixo todo o que se quixera, ¿que proxectos quedaron atrás?

-Ademais das actuacións que xa están en marcha, ¿cales son os obxectivos para o vindeiro ano?

-Parece que as obras relacionadas co medio ambiente serán unha prioridade.

-O sendeiro peonil que se vai facer ata o castro de Baroña é unha aposta clara polo patrimonio.

-O que falta para mellorar as comunicacións do municipio é a variante de Portosín, ¿hai novidades sobre a súa tramitación?

Luis Oujo espera poder concretar novos proxectos proximamente. FOTO

«O abastecemento na parte sur do municipio é outra obra importante»

«Coa apertura da ponte sobre a ría queremos ser a praia de Compostela»

-Eu estou moi contento, creo que é un ano positivo. O obxectivo número un deste goberno é o saneamento porque, desgraciadamente, non temos industria e temos que vivir do turismo, así que é moi importante coidar as nosas praias e os nosos montes e neste caso fixéronse avances. E tamén se puxo en marcha a gardería municipal, unha obra moi demandada polos veciños que fai falta desde hai moitos anos. Cremos que no próximo curso a poderemos ver aberta. Ademais conseguimos darlle para diante á ampliación do espigón do porto. Imos traballando, non fomos capaces de chegar a todo o que queriamos facer, pero fomos dando resposta ás demandas dos veciños.

-O da fachada marítima; non fomos capaces de sacar adiante o proxecto enteiro, pero polo menos vaise acometer a primeira fase. Neste momento hai que ir facendo as cousas pouco a pouco. Tamén a gardería, queríamos abrila xa este curso. Gustaríanos axilizar moitas cousas e non sempre se pode. Aínda así, hai moitas propostas que levábamos no noso programa e que se están materializando.

-Esperamos que a depuradora de Xuño estea operativa no primeiro semestre do ano, a de Abuín tamén está para arrancar e estamos traballando na de Queiruga, onde había uns problemas de verteduras que se están solucionando. O abastecemento na parte sur do municipio desde os depósitos de Ribeira é outra das actuacións importantes.

-Coa apertura da ponte sobre a ría de Noia queremos ser a praia de Compostela, que a xente que vaia a Santiago non quede alá senón que veña ata O Son. Agora estamos a media hora dunha cidade cultural como é a capital galega, dun aeroporto e dunha futura estación do AVE. Iso témolo que explotar e para facelo temos que coidar e poñer en valor a nosa singularidade, a nosa costa, os nosos montes e tamén o noso patrimonio.

-Que mellor que unir o potencial que ten a nivel mundial o castro de Baroña co Museo Marea, que é unha mostra do que é e do que foi Porto do Son. O que queremos é que a xente que chegue ao xacemento non siga o seu camiño, senón que quede aquí, que vexa que temos unha moi boa gastronomía, un bo comercio...

-Creo que está pendente dalgún informe de Patrimonio, pero hai que ir dando pasos para avanzar nesta importante infraestrutura. Desde hai anos fomos saltando obstáculos para achegarnos a Santiago. Primeiro foi Bertamiráns, logo solucionar o problema de Noia e agora o colo da botella para o tráfico está en Portosín.