Un vídeo de promoción do galego creado por unha rianxeira arrasa na Rede

M.X.B.

SANTIAGO CIUDAD

O traballo reivindica o emprego da gheada e o seseo

23 oct 2014 . Actualizado a las 17:40 h.

Noelia Gómez, unha moza de Rianxo que estuda Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, é a directora dun traballo audiovisual que está arransando en Internet. Trátase dunha curta que ten como obxectivo promocionar o emprego do galego, con gheada e seseo incluídos. A rianxeira contou para a ocasión coa colaboración de tres veciños de Imo (Dodro): Martín Piñeiro, Ana Rei e Carlos Rey. En Youtube, plataforma na que se deu a coñecer o traballo, aproxímase ás 5.500 visitas; pero en algunha páxina de Facebook no que foi colgado, logrou 17.500 visitas en 36 horas.