O malecón de Gasset será a porta do mar da vila noiesa

NOIA

CEDIDA

21 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A transformación do malecón de Gasset de Noia está a piques de arrancar. De feito, se prevé que nunhas semanas desaparezan os surtidores da estación de servizo, que xa deixou de funcionar no verán, e o Concello xa pechou onte o aparcamento na zona situada detrás da gasolineira, que é por onde arrancará a intervención. Esta zona será, tal e como se denomina o proxecto, a porta do mar.

A actuación ten un custe total de 676.000 euros e estará dividida en tres fases. As dúas primeiras teñen un orzamento de 441.000 euros, financiado nun 53% con fondos do Grupo de Acción Costeira. Das arcas municipais sairá o resto da inversión, así como os 235.000 euros correspondentes á última fase.

Empedrado con granito

O toda a zona irá empedrada con granito e primará o seu carácter peonil, aínda que dende o Concello comentouse onte que será transitable para que os vehículos poidan acceder aos garaxes e aos locais comerciais, polo que tamén se permitirá o paso de vehículos pesados. En principio, parte da intervención ten que estar rematada en maio, dado que teñen que respectarse os prazos marcados pola subvención.

A obra está chamada a transformar de xeito significativo un espazo noiés situado a carón da ría e o propósito e que teña unha continuidade estética co resto do casco histórico. A intervención abarcará ata a rúa Xan de Estivadas. A previsión é que os traballos arranquen esta mesma semana. Sen embargo, dende o Concello pretenden fraccionalos de xeito que só se vaian pechando as áreas de traballo, causando así o menor trastorno.