Altas doses de teatro na vila pobrense

La Voz

BARBANZA

20 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois das dúas primeiras xornadas da ampla programación de Festear, parece que a proposta de ofrecerlle aos veciños da Pobra altas doses de teatro a través de representacións, monicreques e obradoiros está tendo unha moi boa acollida por parte do público. Tralas actuacións de O Trasno Novo Teatro e Títeres Alakrán na estrea da iniciativa, onte foron os propios veciños da vila os que subiron ao escenario. As primeiras en facelo foron as integrantes de Nó Teatro (na foto). Foto Ferreirós