O Concello sonense inicia o procedemento para a contratación dun psicopedagogo

M.G. NOIA

PORTO DO SON

Trátase dun posto de traballo temporal e as bases poden consultarse na páxina web municipal

09 oct 2014 . Actualizado a las 18:29 h.

O Concello de Porto do Son vai incorporar ao seu plantel de traballadores a un psicopedagogo. Trátase dunha contratación de carácter temporal que servirá para reforzar o programa de apoio e reforzo escolar posto en marcha polo goberno municipal.

Os aspirantes poden consultar as bases da convocatoria e obter o impreso para presentar a súa solicitude na casa consistorial ou ben a través da páxina web do Concello. O contrato estenderase ata o 31 de decembro e o proceso de selección farase mediante o procedemento de concurso oposición.