«O San Roquiño engancha moito»

BARBANZA

MARCOS CREO

01 oct 2014 . Actualizado a las 07:39 h.

Os seis veciños que se encargan da organización desta edición das festas de San Roquiño son uns expertos na materia, pois todos eles repiten tarefa. Algúns, levan incluso décadas lidiando con fogueteiros e representantes de orquestras. É o caso de Antonio Castro, que empezou hai nada menos que 22 anos responsabilizándose do programa do domingo dos festexos e agora mesmo vese incapaz de deixalo. Asegura que está enganchado.

-¿Como decidiu vostede entrar na batalla festiva que cada ano se lidia en Tállara?

-¿Non hai entón quen queira asumir o reto?

-¿Tanto como para estar máis de dúas décadas dedicándolle ás festas parte do tempo libre?

-¿Agradecen os veciños este traballo desinteresado?

-¿Como se leva esa competitividade que existe entre os seis organizadores?

- ¿Cando se poñen mans á obra?

- Se todos piden polas mesmas portas e recadan cantidades similares, ¿cal é o truco para gañar esta batalla ?

-E este ano semella que gañou o do xoves...

-¿Ten pensado dar vostede a badalada para o ano?

- ¿As orquestras lévanse a maior parte do orzamento entón?

Os veciños de Tállara e, por extensión, os de todo o territorio de Lousame, están desde o domingo mergullados nas súas festas grandes. En poucas localidades de Barbanza se presenta un cartel con tantos días de festa e orquestras deste nivel. Esta noite serán Salsa Rosa e Charleston as que amenicen a verbena.

Pero xa desde primeira hora da mañá, o son das bombas e os pasarrúas que ofrecerán os gaiteiros de Airiños do Río Vello e a charanga Apeles anunciaranlle aos veciños o comezo dunha nova xornada festiva. Un dos momentos máis destacados desta cuarta xornada de festexos chegará ás 13.00 horas, coincidindo co comezo da misa solemne que se oficiará na honra de San Miguel e que culminará, coma sempre, coa procesión. Os músicos de Apeles e a orquestra Salsa Rosa encargaranse despois de caldear o ambiente nunha animada sesión vermú.

A verbena posterior promete, pois ao escenario subiranse dous grupos que forman parte da selecta lista das grandes orquestras galegas. Pero os veciños están obrigados a dosificar as forzas, xa que mañá recalarán en Tállara o Combo Dominicano e Pontevedra. O venres pecharán Triunfo e Jerusalén.

Castro encargouse do programa do domingo. FOTO marcos creo

-Pois foi un pouco de broma. Cando deixou a persoa que se encargaba de organizar a festa o domingo, meu sogro retoume a coller o relevo. Empecei medio obrigado e agora resúltame moi complicado abandonar.

-Non se trata diso, pois seguro que hai xente que está disposta. O que ocorre é que isto méteseche dentro e non hai forma de abandonar. Eu sempre digo que este ano é o último, pero despois non son capaz de deixar. O San Roquiño engancha moito.

-Pois si, porque o certo é que a organización das festas supón un esforzo importante, tanto para nós como para os veciños. Hai que ter en conta que somos seis pedindo polas mesmas portas. Hai días que empezo despois de traballar e estou ata a medianoite percorrendo as casas.

-A xente pórtase de marabilla. Os veciños están moi concienciados co tema das festas. En agosto, cando empezo a pedir, chego a algunha porta e xa me din que van apartar os cartos para o San Roquiño e iso dáme ánimos para seguir.

-Cada ano tentamos superarnos uns aos outros, pero sen maldade.

-Empezamos normalmente en xullo o proceso de contratación das orquestras, pero mantemos o segredo ata o último día.

-O que se fai normalmente é ter un par de anos frouxos e gardar o diñeiro para, ao terceiro, dar a sorpresa e amolar aos demais. A técnica é esa.

-Pola cantidade de xente que se vai xuntar no campo si, pois o Combo Dominicano atrae a moito público. Pero eu tamén me considero gañador.

-Algo estou xa pensando, pero hai que ter en conta que a min me toca a xornada máis complicada, pois o domingo é moi difícil competir. O caché das orquestras é máis elevado.

-Si, aínda que outra parte importante vai para as bombas. Ao mellor gastamos uns dous mil euros por día.