Os cativos de Rianxo tamén gozan da Guadalupe

Marta Gómez Regenjo
Marta Gomez RIANXO

BARBANZA

Aínda que chovía, a festa da escuma celebrouse como estaba previsto.
Aínda que chovía, a festa da escuma celebrouse como estaba previsto. Marta Gomez

Os nenos tampouco lle teñen medo á chuvia e molláronse na festa da espuma

19 sep 2014 . Actualizado a las 17:17 h.

Rianxo prepárase para cantar a Rianxeira, pero mentras non chega a hora máxica das dúas da mañá os protagonistas son os cativos, que tamén saben gozar das festas de Guadalupe. Os nenos demostraron que non lle teñen medo ningún á chuvia e molláronse na festa da escuma.

A carpa que se instalou na praza Castelao serviu de abrigo para os inchables e os obradoiros para os máis pequenos. A sesión infantil interrompeuse para a sesión vermú pero ao longo da tarde volverán os xogos para os rapaces.