Última hora
Sánchez suspende su agenda para reflexionar si renuncia a la Presidencia tras la denuncia contra su esposa

Douscentos artistas dos que molan, xuntos en Rianxo

María Hermida
maría hermida RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CEDIDA

15 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Seguramente, a venta de panos de papel se duplicou onte en Rianxo. Chorouse moito na vila. Pero, afortunadamente, só de emoción e non de pena. Os que soltaron as bágoas foron os pais de nada menos que douscentos rapaces que ofreceron un festival no auditorio para poñer fin ao seu campamento de verán, unha iniciativa chamada Crearte que, precisamente, buscaba sacar o lado artista dos meniños. E vaia se o sacou. Onte, no auditorio, demostrouse que teñen madeira niso de narrar historias ou cantar.

Os pais e demais familiares, así como as autoridades locais, abarrotaron o auditorio. Cun cheo ata a bandeira, saíron os meniños ao escenario. Vaia batallón de artistas. Uns e outros foron poñéndolle cor ao día contando un conto; una narración que permitía aos pais comprobar que foi o que fixeron durante o campamento.

E por se con esa demostración artística fose pouco, tamén lle puxeron voz a unha canción chamada Crearte mola e especialmente composta para a ocasión. Mentres coreaban a letra dese tema, o público decatábase como contaba un espectador ao finalizar o número, que quen realmente mola son eses todos meniños que bailaban e cantaban dando o mellor de si.

Co festival de onte ponse punto e final ao campamento A despedida foi longa, xa que antes de subir ao escenario, o día anterior, os meniños gozaron dunha festa na que houbo música, xogos... Agora, con agosto aínda na metade, toca descansar e coller folgos para volver ao cole.

Pero, seguramente, ninguén queira pensar niso aínda. Quedan moitas vacacións. Moitos días libres. Moitas oportunidades de seguir medrando como artistas. Porque, visto o visto, hai talento de sobra de onde tirar. Seguramente, os ilustres rianxeiros, alá onde estean, levaron onte unha grata sorpresa.