Pachamama, actuación estelar

La Voz

BARBANZA

23 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O calendario desta nova edición da Feira Celta ten programadas unha serie de actuacións destinadas a ambientar, aínda máis, o municipio sonense durante estas xornadas. O espectáculo máis agardado é Pachamama, que porá en escena Troula Animación, e que terá lugar o sábado ás 23.00 horas. «É a actuación estelar que temos planeada», confirma unha das encargadas da organización. Outra das iniciativas das que poderán gozar os veciños é a dun grupo de percusión que interpretará os seus temas o venres en dúas funcións de 45 minutos: unha ás 19.00 horas e outra ás 22.00 horas. Outros conxuntos que percorrerán as rúas e prazas serán Olta Gabhar e Wyrdamur. Este último especializado en folk.