Noite intensa con baile e Maratasón

La Voz

BARBANZA

22 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Aínda que a mañá e as primeiras horas da tarde se presentan tranquilas, a festa volverá a Ribeira a partir das 19.00 horas coas orixinais probas do Maratasón Dorneiro. Para as 20.30 hai prevista unha novidade desta edición, un Flasmó. Terá lugar na rúa de Galicia. Ao redor das 21.00, a acción trasladarase ao parque García Bayón, onde se impartirá unha clase aberta de zumba.

O concurso de Ji-Jó que se desenvolverá na praza de Pontevedra a partir das 21.30 horas e un novo concerto, nesta ocasión da Banda da Balbina (rúa de Galicia, 23.30) poñerán o broche de ouro a esta xornada dorneira.