Os bólidos máis disparatados baixarán pola costa da Mámoa

La Voz

BARBANZA

20 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A xornada chega cunha das citas fortes do caderno de bitácora dorneiro, O Jran Prix, no que os artefactos máis disparatados collerán velocidade baixando a costa da Mámoa.

Ruta de tapas. O mediodía é a hora do inicio da Ruta Estrelas Mijelín de Tapas e da sesión vermú con Cé Orquestra Pantasma e Enredos Circo.

Concerto. Ás 13.32 horas actuarán Lákazans e Carricobanda na rúa de Galicia.

Exposición de carrilanas. No paseo do Malecón, a partir das 19.00 horas, poderán verse os bólidos participantes no Jran Prix. Ás 20.00 empezará a carreira.

Degustación de xouba. No Malecón haberá unha feira rianxeira con xoubas e mexillóns.

Música. Ás 22.00 horas actuarán La Yegua Gris e Bodega Bodega.