Requeixo falará en Noia de Díaz Castro

ribeira / la voz

NOIA

24 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O crítico literario e profesor Armando Requeixo recalará o vindeiro venres en Noia da man da asociación Barbantia para presentar o estudo que elaborou sobre o homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro.

O acto terá lugar, ás 20.30 horas, na casa de cultura Antón Avilés de Taramancos. O autor estará arroupado polo presidente de Barbantia, Xesús Laíño. Ademais do libro Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, presentarase o número 93 do suplemento A voz de Barbantia. Ademais, haberá unha actuación musical dos alumnos do conservatorio local.